Contos da Baiuca é continuación dos libros "Relatos", "Airadas de palabras", "Tecendo panos", "paisaxes con palabras" e "De soños e memorias". Contén cinco narracións premiadas no Certame Manuel Murguía (2003-2005) que convoca desde 1991 o Concello de Arteixo e que coordena Henrique Rabuñal, responsábel tamén da edición deste libro. As narracións, asinadas por solventes nomes propios das nosas letras - Bieito Iglesias, Paula San Vicente, X.L. Álvarez Pérez, X. Domínguez Toxo, Inma López Silva-, están atravesadas pola luz de todas as razóns humanas e polo delirio exquisito que só fabrican os artistas. [Contracapa do libro]