A figura de Medea, a intrépida muller que namorada, axuda a Xasón na fascinante aventura do vellocino de ouro, pero despois, abandonada por el, chega a matar os propios fillos para vingarse, é un dos temas máis recorrentes na literatura e nas artes universais. Tema de sete obras literarias galegas dos últimos tempos, encontra agora un tratamento novo e orixinal neste máxico poema de Luz Pozo Garza, "Medea en Corinto", que nos ofrece unha visión distinta da heroína, agora unha muller tolamente namorada, disposta a gañar a nosa simpatía e a nosa complicidade a forza de explicarnos pateticamente as súas reaccións e os seus sentimentos, entretecidos coa lírica de Luz e con versos de Rosalía. [lapela do libro]