Eu quixen contar ese Fiz que matinei en soños, cunha presencia onírica, chegada ata min dun xeito imposible, no que non creo en absoluto. E a ese Fiz matinado en soños quixen darlle forma literaria, empurrado pola forza da súa escrita, seducida por ela, e gañado pola amizade dun home que non cheguei a coñecer, pero co que trabei unha camaradería perdurable gracias ós seus libros e ás súas visitas en soños.
Despois do derradeiro día do ano 2003, Fiz deixou de presentarse nos meus soños. Deste xeito este "Apócrifo de Fiz matinado en soños" queda rematado, mais nunha lembranza e nunha amizade inmorredoiras. [Fragmento do prólogo do autor]