Nun tempo fervente e ilusionado cal foi o da ëpoca Nós, a dimensión de Correa Calderón preséntase como a do intelectual galego máis comprometido e, á vez, o máis internacional do século XX galego. ë precisamente ao seu trasluz como, ademais de procurar non poucas pezas do quebracabezas que significa o seu período, puiden recompoñer o interesante mundo que se agacha tras a xestación e o nacemento da literatura infantil galega, un espazo emanado do mesmo pulo liberador que trouxo baixo o brazo a "nova xeración galega" que eu definín como "a xeración da vangarda". [Fragmento da Introdución]