Cando un touro ignora ao toureiro non hai faena. E sen faena non hai público.
E sen público non hai gloria. Isto último Ile ocorre ao protagonista deste simpático relato que, tras quedar sen astado ao que lidiar, non se Ile ocorre mellor idea que tratar de convencer a outro animal con cornos que se deixe: unha cabra.
A sensación de fracaso leva ao pobre toureiro a un cambio de rumbo drástico. Pero a cambio gañará un montón de amigos: coellos, cervos, xabaríns e mesmo algún que outro touro risoiro.
Didier Lévy e Anna Laura Cantone unen por primeira vez os seus respectivos talentos para crear un libro que rebosa humor dende a primeira ata a última páxina. Autor e ilustradora coinciden en facer unha parodia do toureo, ao tempo que critican a vanidade dos humanos e os seus desexos de triunfo a costa da dor dos animais. [Presentación editorial]