Puntuación: 2.1/5 (56 votos)
Un dos temas que máis curiosidadelles suscita aos lectores cando son moi novos é a orixe das cousas. A eterna pregunta do "porqué" está en boca de todos os nen@s, acompáñaos dende a nenez ata a madurez. Aquiles representa á perfección ese papel inquedo, que o leva a transformarse continuamente: faise crecer os ollos, a boca o nariz, as orellas, os brazos e as pernas; todos coa función de ir máis aló, de experimentar vivencias novidosas, de crecer como ser vivo e coñecer todo o que lle rodea.
Non importa tanto a clase de ser vivo que é Aquiles. A proposta plástica creada con gran talento por Marc Taeger non aclara o xénero ao que pertence. Pero o texto e maila imaxe deixan perfectamente claro dende as primeiras páxinas que Aquiles pasúe unha gran personalidade, con moita iniciativa e unha enorme sensibilidade.
Contemplar o que lle rodea, explorar o seu contorno, gozar coas pequenas cousas da vida, experimentar sensacións como a felicidade, e enriquecerse día a día en emocións e sentimentos, son algunhas das cousas que nos invita a compartir Aquñies e polo que paga a pena coñecelo. Taeger traballa con diferentes clases de papel que previamente pinta e logo recorta dándolles forma para facer composicións coa técnica do collage.
[Presentación editorial]