Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estrano ser non sabían era que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno. [presentación editorial]