Puntuación: 2.2/5 (53 votos)
Escrito en 1943, este libro foi concibido como un herbario, un libro ao que a xente acode na procura de consello ou axuda para calquera dificultade que poida atopar na vida, un libro que se pode consultar unha e outra vez, abrindo unha páxina ao azar e apreciar a sabedoría e a experiencia vital que contén.
Como dixo o propio Márai:
"Este libro é coma os antigos herbarios que, con sinxelas mostras de herbas e plantas, intentaban ofrecer axuda para cada tipo de doenza: do mesmo xeito intenta este libriño ofrecer respostas a cuestións da vida tales como que facer cando nos rompen o corazón ou nos sentimos abandonados por Deus. Non exporá grandes ideas nin narrará proezas heroicas, senón todo aquilo relacionado intimamente co ser humano. O escritor, aprendendo, quere ensinar aos seus compañeiros de vida: aprendendo dos antigos, dos libros, e a través destes recoller as ensinanzas do corazón humano e dos sinais do ceo, quere transmitir coñecementos elementais da vida, como corresponde aos principios fundamentais da vida humana."
Sándor Márai dedícalles esta obra, escrita en 1943, a Epicteto, ao seu querido Marco Aurelio, a Montaigne e a todos os estoicos, que lle aprenderon tanto sobre o poder e a importancia de levar unha vida con bo ánimo e libre de medos.
[Presentación editorial]