Con esta antoloxía de poemas amorosos das poetas galegas desde Rosalía de Castro até
Pilar Pallarés, o autor pretende render unha homenaxe a estas escritoras a través da expresión das súas vivencias amorosas, o recanto máis íntimo do seu ser. Unha flor, unha nube, unha estrela: un instante perpetuo albiscado na etemidade. Ser ese ámote que debe ser ámame, delirio que alucina ao desexo. Ese amor ábrese no interior mesmo do amor, porta de todas as marabillas: o amor a aloumiñar ao goce. Amar, pois, arte de vivir enriba do abismo do ser, no soño atípico da unión encantada. Amor, amor... neste caso amor en feminino (no desacougo e no acougo) no que orballa a tenrura feminina galega. [Presentación editorial]