Puntuación: 2.5/5 (108 votos)
Nesta publicación inclúense dúas obras de Cándido Pazó: "Binomio de Newton", gañadora do Premio Max no 2003, e "García", que acaba de recibir o Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal, na actualidade en cartel por toda Galiza.
"Binomio de Newton", mostra a vida de dous seres inmaturos que foxen do compromiso e se achegan perigosamente ou pasan da idade da madurez. A imposibilidade dos afectos, o hedonismo ou inmobilismo vital son algunhas das cuestións sobre as que reflexionan os protagonistas, sen que falte o humor tan habitual en Cándido Pazó na auténtica esgrima de diálogos coa que se define esta obra.
Coa historia de "García", herdeiro do Reino de Galiza, Cándido Pazó somérxenos nas "emocións e nas claves que levan a unha persoa a afacerse a vivir preso, nun cárcere familiar, laboral, sentimental... e mesmo a definir a aquelas sociedades que atopan conforto na propia derrota".
Rodrigo, vasalo e amigo do rei García, introdúcese no castelo no que este está preso para liberalo, aínda que lonxe de conseguir os seus proxectos co que se atopa é cun monarca vencido e resignado ao seu presidio.
[Presentación editorial]