Xosé María Álvarez Cáccamo, unha das voces senlleiras da poesía galega contemporánea, sen cuestionar que realmente a obra poética dun autor é a súa verdadeira memoria, escribe estoutra memoria posible.
Literatura e vida comparten espazo en Memoria de poeta: a infancia e o mundo dos escritores amigos da familia, a primeira escrita febril e os anos universitarios, o oficio de poeta e o compromiso coa lingua, a enerxía do amor e a preocupación social.
Da década de 1960 ao movemento Nunca Máis, unha época fundamental é relatada desde a eexperiencia do poeta e do home. [Presentación editorial]