Unha obra de máis de 400 páxinas, escrita en galego e castelán, e onde o ex presidente da Xunta recolle lembranzas, algunhas anécdotas, leva a cabo unha ampla reflexión sobre a súa concepción do galeguismo e a cultura galega, e detense polo miúdo na acción de goberno de todo este período.
O libro –que abre a nova Colección Memorias desta editorial– complétase cun amplo despregue gráfico, con fotografías curiosas ou pouco coñecidas, e un Apéndice onde aparecen todos os integrantes dos Gobernos de Galicia dende a Transición ata o último Gabinete de Fraga. [Presentación editorial]