Os problemas ecolóxicos e ambientais que afectan a todo o globo preocupan cada vez máis á sociedade, pero cada cultura reacciona ante eles dunha maneira diferente. Francisco Díaz-Fierros propón en "A cuestión ambiental en Galicia" un achegamento sobre os límites dos recursos naturais na sociedade galega; para iso centra o seu traballo nun período de tempo esencial, desde mediados do século XVIII, en que se acada un desenvolvemento tecnolóxico que altera considerablemente en en pouco tempo o medio natural, ata 1972,ano no que se celebra o cumio de Estocolmo.
A natureza como recurso, a recepción do pensamento ecolóxico, o enfoque sanitario da problemática ambiental son os eixos ao redor dos cales se desenvolve este ensaio histórico no que se recollen os principais fitos que acabarán constituíndo as raíces e desenvolvemento dunha cultura moi presente na sociedade de hoxe. [Presentación editorial]