París exactamente ao pé da Torre Eiffel. Alí decorre a historia que conta "Xuntos e máis nada". A historia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguéns.
Catro sobreviventes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade, e tamén, os desencontros.
Anna Gavalda escribe desde a experiencia da fraxilidade do ser humano, o equilibrio entre felicidade e desalento, que é o cerne desta novela. [Presentación editorial]