"Esta novela é ante todo a descuberta dunha nova linguaxe, dun "tempo" fantástico do relato que tende a se converter no argumento mesmo do relato, límite espiritual dunha máxica e inmóbil realidade cotiá". Así descrebe o escritor Cesare Pavese, o seu tradutor e editor en Italia a obra de Gertrude Stein.
A escritora norteámericana é unha das grandes innovadoras da narrativa do século XX e precursora da literatura escrita por mulleres.
En "Tres vidas" achégase á realidade de tres mulleres traballadoras a través dun estilo insistente, un bocavulario voluntariamente limitado e unha dicción envolvente, que reduce ao mínimo a distancia entre autora, personaxes e lectores. [Presentación editorial]