A actividade laboral e sindical desenvolvida polos traballadores inmigrantes hispano-galaicos, fundamentalmente mariñeiros e fogoneiros, na cidade de New York durante o primeiro terzo do século XX é estudada nesta obra. Traballadores que viviron forxaron ou acrecentaron a súa conciencia de clase en contacto con outros inmigrantes de ideoloxia anarcosindicalista. Puxeron a andar unha experiencia sindical inédita, de base "étnica" e industrialista, a "Unión de Fogoneros, Cabos y Engrasadores del Atlántico", asentada nos principais portos da costa leste norteamericana.
Con oficios vinculados ao mar determinaron unha organización societaria {moi influenciada pola cultura da taberna portuaria) e das relacións entre os propios emigrantes nas que o debate aberto entre a pretensión dos anarcosindicalistas por configurar unha identidade internacionalista e a pervivencia dunha identidade de raíz "étnica" permiten, tamén, situar o obxecto deste estudo no marco da discusión xeral sobre a reformulación desa identidade e a identificación de clase. [Lapela do libro]