Puntuación: 2.1/5 (52 votos)
Esta é unha historia de amor e de medos. Cando o amor chama á porta por primeira vez ninguén sabe a que emocións comparalo: os soños poboan a noite de pesadelos e todos os medos roldan a nosa cabeza. O amor e o medo son os sentimentos que primeiro coñecemos e aos que debemos aprender a enfrontarnos. Sabendo quen nos ama e a quen amamos, quen e que nos atemoriza, sábelo case todo. Todo isto pasa neste libro, nunha soa e longa, eterna, noite.
Antonio Reigosa naceu en Zoñán de Monodoñedo, entre medos que a noite alimenta. Escribe, conta e escoita contos que, dunha maneira ou doutra maneira, sempre lembran a infancia. Unha vez soñou que era un xigante capaz de vencer a todas as criaturas, mesmo aos outros xigantes. Cando espertou, un xigante de verdade, calvo e branco, deulle un bico na fronte, e logo, sen facer reuído ningún, desapareceu.
[Contracapa do libro]