Ilda vivía nunha torre ergueita sobre unha gran rocha no cabo do mundo. Un día o lobo, o corzo e o xabarín fixeron un pacto con ela. O senlleiro poeta Uxío Novoneyra legounos esta fermosa historia do Courel envolta en aires de lenda, imaxe das xuventudes illadas pola emigración e que, a súa vez, emigraron por ese illamento. Un regalo para namorados. Un texto para lectores e lectoras de toda idade. [Preesentación editorial]