Rematando o monzón, Sari embarca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. O vello piloto marchou un día sen avisar, deixando atrás nove misteriosos baúis e un ronsel de moitas horas de ensinanzas e conversas co rapaz. Na súa travesía polo mar maior, rumbo ao descoñecido, Sari chegará ata a Estrema do Mar, onde quizais atope esas illas que só coñecen aqueles que as soñan. Unha novela para os que teñen inocencia e entusiasmo no ollar, coa beleza como emblema e devezo, e na que as palabras soan coa harmonía dun remo a choupar na tona da auga. [Contracapa do libro]