A figura de don Xoán aparece un día de maio nun albergue dos arredores de París. O dono do albergue, un bo cociñeiro, prestará oídos ás últimas aventuras (só ás que se refiren á última semana) vividas polo famoso personaxe literario. Non estamos, porén, diante dun don Xoán que conquista ao asalto e humilla as mulleres. Este don Xoán nin seduce nin é seducido. As mulleres ven na súa presenza unha oportunidade para liberar o seu desexo, e don Xoán ponse ao seu servizo. A narración destas aventuras non entra en detalles (e menos se son escabrosos) e tampouco “contabiliza” as mulleres como se de obxectos se tratase. Ao igual que nas demais obras de Peter Handke, a descrición, especialmente de paisaxes, aparece en primeiro plano.
Don Xoán (contado por si mesmo) tamén é unha viaxe que nos leva, a través de sete etapas, dende a cidade de Tiflis (en Xeorxia) ata París, pasando por Damasco, Ceuta ou Bergen. Cada unha das mulleres que vai coñecendo nesas etapas xorden da paisaxe como variacións dun mesmo e único episodio repetido sete veces. [Presentación editorial]