¿Que pensar cando estás lendo un libro e de repente as letras se desapegan do papel e botan a voar e entra un avión de debuxo pola fiestra e te leva polo aire porque no Mundo de Fóra necesitan unha técnica equilibrista de clase A para solucionar un problema de moita envergadura e resulta que esa persoa es ti? ¿Que facer cando, sen saber como e sen podelo evitar, te atopas vivindo unha aventura con personaxes que ata ese momento só habitaban nos libros e nas pantallas do cine? ¿Que dicir cando tantas cousas dependen de ti, que non es nada, es tan pouca cousa que nin sequera tes nome? [Presentación editorial]