En este libro Manuel F. Vieites analiza a interacción que se dá entre o teatro a educación popular e o proceso de construción nacional.
Os teatros tiñan unha grande capacidade de convocatoria, unha importante dimensión pública e eran importantes lugares de debate e reflexión. Eis o teatro constituíu un instrumento transcendental no proceso de educación popular desenvolvido en Galicia entre 1882 e 1936. A súa aportación máis definitiva foi a de servir de instrumento para a difusión, o cultivo e a
proxección da lingua galega.
O espectáculo teatral e o texto dramático pasan a ser considerados como
recursos para a transmisión das ideas galeguistas, sobre todo a idea de nación, e para a recuperación da identidade.
Manuel F. Vieites é crítico e investigador teatral, forma parte do Consello Reitor do IGAEM e actualmente é director da recente Escola Superior de Arte Dramática, con sede en Vigo. [Presentación editorial]