Puntuación: 1.8/5 (75 votos)
O libro “Ningunha primavera máis sen flores” recolle os traballos de poesía e narrativa curta premiados na edición de 2005 dos Premios Literarios Minerva, que o Colexio Manuel Peleteiro de Santiago ven organizando desde o ano 1963 para os alumnos de Ensinanzas Medias de Galicia.
A edición das obras premiadas vense facendo desde o ano 1991 e envíase a todas as bibliotecas dos centros educativos, mais desde o ano 2003, grazas a un acordo de distribución coa Editorial Galaxia, está tamén a disposición de todo o público nas librarías.
Nesta trixésimo terceira edición fixéronse cos premios na modalidade de poesía, tres premios e tres accésits por este orde, Berta Dávila Fernández, coa obra Pequena serenata de inverno, Ana Palau Laxe, Alicia Fernández Rodríguez, Daríoa Fernández Fernández, Adrián Vázquez Barbón e de novo Berta Dávila Fernández. Os tres premios de narración curta foron para o María Rivo Vázquez, premiada polo relato “Memoria dos ventos”, Alba Ceide Rodríguez e para Rocío Díaz Lois, os accesits desta categoría foron para Bárbara González Vilariño, Lúa Mosquera Tenreiro e Ángeles Olalla Ferreira.
Outros galardoados deste certame desde os anos 60 foron Lois Diéguez, Fernando Ónega, Darío Xohán Cabana, Manuel Guede, Suso de Toro, Olga Novo e Xavier Queipo, entre outros moitos que a día de hoxe seguen o camiño da creación literaria. Este volume conta cun limiar de Fernándo Ónega.