Unha encrucillada de mundos, países e ilusións frustradas moldea o destino do mulato Estevo, cubano descendente de galegos e escravos africanos. A través da voz descrida e escéptica deste personaxe singular, Alfredo Conde narra a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza fanada da utopía internacionalista. Cunha prosa fluída, que habelenciosamente encadea feitos, anécdota e disgresión, a novela sitúanos ante o último e, se cadra, definitivo desengano: as miserias do capitalismo triunfante. [Contracapa do libro]