Primeiro libro da autora. Claudia Castro naceu no barrio compostelán d´o Castiñeiriño en decembro de 1972. Estudou Periodismo e Filoloxía Inglesa na USC e leva trabaIlando como xornalista dende 1995. Actualmente reside entre Santiago de Compostela e Corme, na Costa da Morte.
No eido da creación literaria é colaboradora habitual da revista de poesía Andar 21 , así como doutras publicacións en lingua galega e portuguesa. Deu o seu primeiro recital en solitario na Casa do Libro de Vigo en 2004, e participou en diversos recitais colectivos, entre eles a II Edición de Poetas na Rúa, en Combarro.
En 2003 obtivo o I Premio Duck Fin de Poesía con "De cando os anxos aínda tiñan sexo", e o accésit do I Certame de Microrrelatos organizado pola Lonxa Literaria de Moaña, con "Retrato dunha muda".