Puntuación: 1.8/5 (36 votos)
KALANDRAKA recupera un clásico que en 1967, cando a autora o publicou por primeira vez, contribuiu
a revolucionar o panorama da literatura infantil universal pola súa atractiva e novidosa proposta
gráfica: trátase dun libro sen texto que destaca polo seu deseño minimalista e depurado. Co paso de cada páxina o lector aprecia o proceso de metamorfose dun globo en diversos obxectos cos que garda
unha semellanza: mazá, bolboreta, flor...
Con títulos como "Un globito rojo" inaugurou un estilo case abstracto que destacaba pola ausencia de realismo e un elevado grao de simplificación cromática, o que converteu esta obra nun álbume moi atípico para o público infantil. De aí o seu mérito por converterse nun referente neste xénero no que as palabras se sustituen por imaxes cheas de dinamismo que -Ionxe do silencio aparente- evocan múltiples figuras.
"Imaxinei estes álbumes porque non atopaba libros que me interesaran para os meus propios flllos"; confesou Iela Mari nunha entrevista publicada en 1985 por La revue des libres pour enfants. lnteresábanlle as transformacións, os ciclos da natureza ou, como ela dicía, as "imaxes do nacemento
da vida". As bibliotecas eran a súa fonte de documentación para cada traballo, pensado para "chamar
a atención sobre as formas para compensar o bombardeo de imaxes da televisión".
[Presentación editorial]