Puntuación: 2.1/5 (50 votos)
Se eu fose moi, moi delgado podería entrar na casa polo buraco da pechadura e rir ás gargalladas ao ver os meus avós tan asustados. Podería poñer os pés enriba dos seus ombros e procurar as cousas esquecidas que hai sempre encol dos armarios.
Esta obra segue a mesma liña de "Se eu fose moi alto" -publicado tamén por KALANDRAKA- do que Mota e Letría son autores: libros para cativos que teñen na sinxeleza a súa mellor virtude. "Se eu fose moi delgado", que foi galardonado co Grande Premio Gulbekian de Literatura para nenos na modalidade de libro ilustrado, invita os lectores a adentrarse nun mundo de fantasía e fenómenos imposibles, converténdose nun estímulo idóneo para a súa imaxinación.
Por outra banda, esta obra ten un dobre significado, xa que contribúe á aceptación das diferencias entre
persoas: delgados, baixos, con nariz chato ou orellas grandes... Dende o punto de vista literario, o autor preséntanos un texto con tintes poéticos no que cada frase parte dunha hipótese que se leva ata os confíns da realidade, para facernos chegar á conclusión de que a imaxinación é tan ilimitada coma o son os soños.
Texto e imaxes van a man, creando un universo idealizado, hiperbólico e cheo de humor no que prevalecen os acontecementos máis improbables fronte aos razonables, mesturados con elementos da realidade, como a familia ou a natureza.
[Presentación editorial]