A partir da súa propia experiencia como profesora de teatro e como directora de escena, Anne Bogart ofrece unha visión pormenorizada de aspectos substantivos do proceso creativo na montaxe teatral. préstase especial atención aos aspectos máis relacionados coas ferramentas e actitudes necesarias para afondar nun proceso creador que sempre é diferente e no que non caben receitas. Unha viaxe arredor dos grandes desafíos que debe enfrontar calquera persoa que queira crear unha arte escénica chea de vida e presenza. [Contracapa do libro]