Becerra de Becerreá propón o coñecemento do texto teatral nas súas dúas vertentes dramatúrxica e dramática naquel estrato profundo, que é o ritmo, conferidor da vitalidade da obra; o autor fálanos do pulso, da respiración, do corazón, perceptihles necesariamente para a representación escénica, ou para o estudo, e ata a fin deste libro insiste na captación do concepto de organicidade. [...] Aquí hai tamén a seguinte conclusión, relacionada coa equivalencia obra = organismo: "Todo espectáculo teatral ten a súa propia respiración, e, se non a ten, está morto".
Rosa -Victoria Gras i Perfontan.
O ritmo na dramaturxia. Teoría e práctica da análise ritmica é un traballo altamente recomendable xa que desenvolve de forma rigorosa e útil a importancia da dimensión rítmica á hora de analizar ou de construír un texto. [...] O estudo de Afonso Becerra entende o ritmo como a parte desre receptor implícito, desta estrutura de efectos. Así, o ritmo é responsable de boa parte do efecto producido pola ohra dramática. Pero coidado: o estudo de Becerra non fica no sentido máis popular desra afirmación, que recolle o tópico do ritmo entendido como unha cousa intanxible e subxectiva (variable en función do suxeito perceptor). Ben ao contrario, define o ritmo de maneira precisa -sen concesións á intuición de produtores e receptores- e trátao como materia analizable, que nace dunhas causas definidas e produce uns efectos ben concretos e mensurables.
Carles Batlle i Jordá. [Lapela do libro]