"Escribiu un libro que sería único se non existisen as prosas de Rimbaud; un libro diabólico e estraño, burlón e ouveante, cruel e penoso; un libro no que se oen a un mesmo tempo os xemidos da dor e os sinistros axóuxeres da Loucura " (Rubén Darío), "Todo o máis audaz que, durante séculos, se pense e se emprenda, encontrou aquí unha formulación an- ticipada na súa lei máxica. O verbo, xa non o estilo, sofre con Lautréamont unha crise fundamental, marca unha volta a empezar" (André Breton). "A súa obra funciona como panca na situación que se deseña, pois, mellor que Hugo, demostra que mediante unha especie de maxia verbal ou de verbalismo encantatorio, a razón é capaz de mudanza e a lóxica da disolución" (Tristan Tzara). "O sentido extraordinariamente positivo da contribución de Lautréamont consiste nunha ava- lancha de materiais brutos, aínda asolagados de xemas sub- terráneas -materiais para construír o home completo" (Julien Gracq), "Esta imaxinación só parece pasar polos libros para reunir as grandes constelacións cuxas obras conservan a influencia, os feixes de imaxinación impersoal que ningún volume de autor pode inmobilizar e confiscar no seu proveito" (Maurice Blanchot). "Poderíase en certo sentido, se se quixer insistir sobre a forza explosiva da obra, falar dunha operación de ´dinamitaxe´ do relato polo discurso e reciprocamente" (Raymond lean) [Contracapa do libro]