Puntuación: 2.0/5 (49 votos)
Despois de buscala por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida no tellado. " ¿Pensará que é un catavento? ¿Ou unha cheminea? ¿Ou quizais un gato?", preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalle a cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba volveu ao seu lugar.
Cóntanos o autor, lembrando a súa infancia, que nas casas do lugar había dúas ou tres cabras. Polas mañás, cando os nenos ían á escola, levaban as cabras con eles e deixábanas co cabreiro na praza. O cabreiro ía para o monte e os nenos para a escola.
Ao fin do día, os cativos recollían as súas cabras -aínda que algunha volvía soa para o curral. Asi, a cabra volvía co bandullo cheo, preparada para dar leite, e os nenos coa cabeza chea das cousas que aprenderan na escola.
A cabra boba -ou lista, segundo se mire- deste conto nace do coñecemento e da observación do mundo rural; constitúe unha fórmula indirecta para observar e comprender a cara fantástica da realidade.
A cabra de Miguel xa non está co cabreiro. Quizais marchara para o curral... Miguel búscaa por todas partes, ata atopala nun lugar inesperado. A aventura remata dun xeito cómico e inesperado que aporta la ilustración.
Empregando recursos esenciais da narración oral (onomatopeas, diálogos, repeticións...), Pep Bruno crea unha historia ideal para contarlle aos máis pequenos antes de ir durmir. Un conto co texto imprescindible, apoiado polo poder narrativo da secuencia visual.
Roger Olmos presenta imaxes con perspectivas moi eficaces para guiar a acción e asimilar conceptos espaciais que marcan o ritmo da narración. Os debuxos, dinámicos e caricaturescos, destilan detalles cómicos e información estimulante para a imaxinación, que converten A cabra boba en un libro que conecta igualmente con lectores doutras idades.
[Presentación editorial]