Puntuación: 1.8/5 (34 votos)
Un mago, buscando illamento e tranquilidade, encarga a un soprador de vidro un can de cristal que manteña afastados aos veciños. A cambio da súa obra, ofrécelle unha gota de "curatodo" que acaba con calquera doenza.
Pero o humilde soprador, aínda que pobre e feo, é un home de ideas e decide gardar a gota para cambiar a súa vida. Atraído pola posibilidade do luxo e a beleza, este personaxe evolucionará ata acabar destruíndo a súa forza e desperdiciando o seu talento, vencido por la cobiza.
Frank Baum (1856-1919) chegou á literatura na madurez, despois de exercer as actividades máis diversas: actor, comerciante, vendedor de louza, xornalista...
Aínda que o seu libro máis coñecido é "O feiticeiro de Oz", para el era un conto máis entre os publicados, Hábil escritor, cheo de humor e emocións, buscou na literatura infantil un espazo para transmitir a súa tranquila sabedoría,
Manexando levemente a fantasía, o autor logra una narración de absoluta veracidade, e efectúa un interesante retrato dunha sociedade cargada de prexuízos e convencionalismos, cun texto acompañado de comentarios sabios contrapuntos cómicos.
Un relato arrincado da substancia da vida, que provoca preguntas e nos fala, dun modo sutil, do engano que comporta o culto á riqueza.
Un conto divertido, escrito cunha linguaxe sinxela e directa, personaxes ben debuxados e un fío argumental tenso que atrapa ao lector, como a mirada del enigmático can de cristal, A edición de OQO Editora desta obra é a primeira que se realiza para o mercado galego, desde que o autor norteamericano a publicou por primeira vez nos Estados Unidos en 1901, dentro da obra American fairy tales.
Nas ilustracións, Pedro Millán aposta por unha estética na que xoga coa imperfección e o inacabado, coa suxestión da imaxe que aporta frescura. Os personaxes do conto móvense coma nos debuxos animados, coma no billar onde as bolas baten unhas nas outras, xerando movemento. Usando texturas e calidades da colaxe fundido en volumes contrastados en espazos clásicos, os personaxes da obra móvense como nunha escenografía teatral.
[Presentación editorial]