A formación de actores é un dos fenómenos máis característicos da práctica teatral na actualidade. Por primeira vez, un volume ofrece unha análise das teorías e as propostas de traballo de catorce dos máis importantes creadores teatrais do século XX, entre eles, Bertolt Bretch, Peter Brook, Hacques Copeau, Jerzy Grotowski, Konstantin Stanislavski e Lee Strasberg. Este libro inclúe tamén un completo informe sobre os principios teóricos e a súa aplicación a moitos dos espectáculos máis salientables dos últimos cen anos, constituíndo unha guía imprescindible para estudiantes, profesores, investigadores e profesionais do teatro. [contracapa do libro]