Puntuación: 1.7/5 (41 votos)
Este desconcertante título, "O útero dos cabalos", explica ben o carácter de transgresión que atravesa toda a obra de Lupe Gómez. Despreocupada pola lóxica e as normas, desobedente aos disfraces das rimas, toda a súa poética ten como santo e seña a extrema liberdade das verbas e dos corpos. Tamén nesa fórmula de voluntario desacato instalan a súa creatividade numerosos artistas. Textos sen bifurcacións, de fluxos e refluxos, frases breves que recomezan onde acaban, reactívanse, xustapóñense, enrédanse coma cereixas e xiran todos arredor dun único círculo. É un diario persoal onde a autora expresa os seus sentimentos. Lonxe de metafisicas, ela exhíbese coma peza central, provocadora, utilizando palabras de alta voltaxe: sexo, sangue, amor libre, entrega, nudez, crocodilos, rasgar as vestiduras, abrirse de brazos e pemas, un géyser dos sentidos que dá saída a esa forza interior que a oprime.
[Fragmento do Prólogo de Xohana Torres]