Puntuación: 1.9/5 (49 votos)
En 1896 publicouse esta novela de H.G. Wells, considerado como un dos pais da ciencia ficción moderna.
Pendrick sofre un naufraxio e recólleo, medio morto, un barco que leva un cargamento de animais con destino a unha pequena illa. A bordo do barco viaxan Montgomery e o Dr. Moreau, un famoso psicólogo que fora acusado de realizar espantosos experimentos con animais.
Pendrick vivirá un verdadeiro inferno cando descubra toda a verdade do proxecto de Moreau e se vexa atrapado no medio dunha rebelión que terá consecuencias catastróficas para todos os habitantes da illa e moi especialmente para os humanos. Será a rebelión dos “humanimais”.
Este clásico da literatura, cunha prosa sinxela, non perde intensidade co paso do tempo. E sobre todo nestes días onde a manipulación xenética comeza a estar nas máis recentes noticias, e mesmo no máis próximo e inquietante futuro.
A ÉTICA e a XENÉTICA inter-relacionadas.
[Presentación editorial]