Unha casa de campo que de principio semella un lugar tranquilo e agradable onde se encontra un variado e aparentemente inofensivo grupo de convidados. Pero para o detective Hércules Poirot as cousas nunca son tan sinxelas como parecen: seica un dos hóspedes é un asasino con cinco mortes ao lombo. Un Poirot artrítico e avellentado vai demostrar que aínda non perdeu todos os seus dotes de deducción nin o seu olfacto de detective. Con "Pano. (O derradeiro caso de Poirot)" o lector ten nas súas mans un dos desafíos máis complexos e divertidos da Christie novelista de intrigas sen fin. [presentación editorial]