"Palabra, fogo, alma. Traducir é crear" inclúe os textos presentados no Seminario Internacional de Tradución de Rianxo na edición correspondente ao ano 2004. O presente volume, segunda entrega da serie "ensaio" de AULIGA, un proxecto internacional e interuniversitario elaborado desde Galicia, ofrece traballos de cualificados ensaístas e pensadores do ámbito galego, español e portugués.
"Traducir é tanto como crear", dinos J. Martí, poeta e estatista deste fondo moderno da esencia humana, porque dar ou pór a orixe en palabras significa tamén abrir e doar máis liberdade. O tradutor crea, engade o liberador de ritmos e pobos, "porque o que traduce debe saír de si e pórse onde o autor se puxo, para darlle a cada palabra o fogo e a alma que a farán perdurable". [Contracapa do libro]