A totalidade dos conflitos sociais e políticos do tempo máis decisivo que v O Barco e as terras de Valdeorras no transcurso do século pasado ocupan as páxinas deste libro.
Unha obra que toma como punto referencial o antes e o despois de xullo de 1936, primeiro no tempo de esperanza da II República e, despois, no estudo dos feitos criminais impulsados polos alzados en armas contra a legalidade constitucional. Terror e represión que acadaron cotas de enorme gravidade até levar mesmo á resistencia armada contra o réxime ditatorial.
A análise dos equilibrios políticos, dos apoios das dereitas tradicionais ao franquismo; a liquidación do movemento agrario e sindical, o exterminio dos líderes progresistas e de esquerdas, son analizados polo autor, que tamén incide nos cambios urbanísticos xerados polas novas autoridades do “Movimiento Nacional”. Anos republicanos e décadas de ausencia de liberdades públicas que condicionaron a vida cotiá dos habitantes e veciños da comarca mais que non foron quen de evitar o xurdimento da actividade de oposición nas décadas dos 60 e 70. [Presentación editorial]