Puntuación: 2.0/5 (42 votos)
A colección “Cadernos de Estudios Oleirenses”, iniciada cos libros “Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936)”; “Juana de Vega, entre Acevedo y San Pedro de Nos. Vida y obra de una mujer ejemplar”; “A loita pola terra nas Mariñas. Das axitacións antiseñoriais á resistencia antiforista”; “La fabricación de loza fina en la parroquia de Dorneda (1799-1812)” e “A Ría da Pasaxe nos séculos XVI ó XVIII. A Sociedade”, prosegue a súa andaina coa publicación do volume VI, titulado “Club Deportivo Obrero: 75 anos de historia”, do que é autor Óscar Losada Castro.
O libro que conforma a sexta entrega da colección recolle a historia do club de fútbol Deportivo Obrero de Oleiros desde o principio da súa andaina ata o 2005, ano do 75º aniversario da súa fundación, ao mesmo tempo que ofrece unha visión sobre o fútbol das Mariñas e as condicións nas que se xogaba a este deporte nas afastadas décadas dos trinta e os corenta do pasado século.
Coa súa publicación, a Editorial Trifolium quere render unha merecida homenaxe a todos os equipos oleirenses que, representados nesta ocasión polo Deportivo Obrero, loitan xornada a xornada nas súas respectivas competicións levando nas súas aspiracións a representatividade de Oleiros.
[Presentación editorial]