Puntuación: 2.2/5 (64 votos)
"Un bo día, un amigo contoume que un devanceiro seu tiña un oficio un tanto estraño. Partía unha vez ao ano, cruzaba o mundo, meses despois chegaba a Xapón, compraba ovos de vermes da seda, regresaba a Italia e vendíaos. O resto do ano descansaba. Estabamos esquiando cando me contou esta historia. Detívenme, saquei os esquís e comecei a pensar e a lle dar voltas, e non parei de facelo ata que escribín a última páxina."
Así explica o autor a xénese do seu relato. Influenciado por Céline, Salinger, McEnroe, Stanley Kubrick, Walt Disney, Liberatore..., Alessandro Baricco é o escritor italiano vivo máis internacional.
"Seda é unha historia antes de ser un libro. É, sobre todo, unha historia. E ás historias esváranlles as fronteiras".
Alessandro Baricco naceu en Turín en 1958. Actualmente vive en Roma. É autor de cinco novelas (Castelli di rabbia, Oceano mare, Seda, City, Senza sangue, Questa storia) dous textos teatrais (Novecento, Davila Roa) e dous libros de ensaio (Il genio in fuga, L´anima di Hegel e le mucche del Wisconsin) ademais da adaptación Homero, Ilíada.
[Presentación editorial]