Dez persoas congréganse na inhóspita Illa do Negro, en resposta á chamada dun rico anfitrión que fixo construír nela unha mansión equipada con todos os luxos. Os convidados, todos descoñecidos entre eles, non parecen casar ben. Un a un, seguindo a orde e a forma que dicta unha inocente cantiga infantil que fala de dez negriños, os ocupantes van sendo liquidados. Velaquí o misterioso argumento de "Dez negriños", unha novela que mantén o lector pendente do desenlace de principio a fin. [presentación editorial]