Puntuación: 2.3/5 (46 votos)
...Un día, Mamá Azul díxolle: "Teño que saír, agárdame na casa". Pero Pequeno Azul foi buscar a Pequeno Amarelo á casa de enfronte. A casa estaba baleira. ¿Onde estaría Pequeno Amarelo? Buscouno por todas partes. ..ata que, de súpeto, á volta da esquina iAlí estaba Pequeno Amarelo! Moi ledos, abrazáronse. Abrazáronse tan forte...
Cando Ile preguntan á ilustradora alemana Jutta Bauer polo libro Pequeno azul e Pequeno Amarelo, calificao como "a obra dun mestre". Retírese a LEO LIONNI, que emprega un sistema tan sinxelo e eficaz coma uns simples anacos de papel, e sen a penas palabras, para contar unha historia entrañable.
KALANDRAKA recupera este conto maxistral; un clásico que, malia datar de 1959, foi precursor en moitos sentidos e mantén toda a súa vixencia. Trátase dunha historia que destaca pola súa tenrura e orixinalidade da proposta plástica, en perfecta harmonía cun texto a base de frases moi simples e descriptivas.
Dúas pequenas cores fúndense nun abrazo sen percatarse de que se converten nunha nova, o que fai que ninguén as recoñeza. As bágoas fanlles recuperar a súa forma orixinal, un descubrimento que celebran e comparten con tódolos seus amigos. É así como a partir de entón xogarán a crear novas gamas cromáticas.
[Presentación editorial]