En "Como calquera outro día", Camilo Gonsar (Sarria, 1931) conta a itinerancia dun estudante galego polas rúas de Madrid nos primeiros meses de 1959. A novela, publicada por primeira vez no ano 1962 e agora revisada e corrixida polo autor, xorde das coincidencias no espazo e no tempo , dos cruzamentos de vidas que deitan cadansúa melodía peculiar en cada momento. A narración, dialogada, escrita sen resaltes, sen arestas, expón os matices dalgúns enigmas da existencia e da súa imposible resolución. [Contracapa do libro]