En 1958, pouco máis dun ano despois da morte do seu autor, publícase "O Gatopardo". Desde ese momento, a novela de Giuseppe Tomasi di Lampedusa (Palermo, 1896-Roma, 1957) irá conquistando lectores ata se converter nunha obra de referencia ogrigada na narrativa italiana do século XX. Unha desas obras que requiren toda unha vida de preparación para ser escritas, que pairan por riba das circunstancias e coseguen revelar o sentido dunha época. Con ironía e un dominio musical da linguaxe literaria, Lampedusa crea un universo literario pleno e fascinante, bota unha ollada lúcida e melancólica a un mundo en extinción. Unha das grandes novelas de todos os tempos. [Contracapa do libro]