Puntuación: 2.2/5 (49 votos)
Este libro e DVD relatan a historia interminable da construción do ferrocarril Puebla de Sanabria-Ourense durante case medio século, prometida por gobernos monárquicos, repúblicanos e da ditadura. Na apertura deste treito plutoniano da liña Zamora-A Coruña, coa que quedaría defnitivamente aberta a comunicación por ferrocarril de Galicia con Castela, traballaron, dende 1929 a 1957, milleiros de opera-rios, os chamados “carrilanos”. O xornalista Rafael Cid reconstrúe neste libro documento, por medio dunha copiosa información documental e fotográfica, ata agora totalmente inédita, aquela epopea heroica dos esforzados homes da vía: dende as suores e fatigas de xornadas interminables de traballo na escuridade; pasando polas dificultades técnicas na perforación dos túneles; os convulsos días de folga durante os anos da segunda República; a introdución de nova maquinaria; as traxedias provocadas polos tiros e a pólvora, os milleiros de pulmóns feridos pola silicose (o “mal da vía”) que enchouparon o corpo e a alma dos carrilanos e das súas viúvas; ata os días no que foi inaugurado coa pompa característica do réxime de Franco. O libro inclúe, ademais, dunha cronoloxía e dun apéndice literario cos chamados “romances da vía”, unha panorámica esperanzadora do estado actual deste treito de camiños de ferro e dos proxectos en marcha de recuperación das súas estacións para o seu emprego turístico e cultural. O libro vai acompaña-do dun DVD, Carrilanos, os túneles dun tempo, o documental producido por Televisión Española en Galicia, con guión e dirección do autor do libro, no que durante 58 minutos e da man dos seus protagonistas aínda vivos se reconstrúe a historia dunha obra que aparentaba interminable, cunha odisea técnica e humana de por medio da que eles non eran conscientes e os demais descoñeciamos.
[Presentación editorial]