Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios. Lucas Leoncavalo terá en semellante gardería que loitar contra estes terribles bichos que contaxiaban a meniños e meniñas otites, catarros, gripes, lombrigas e pulmonías, conseguindo vencelos. Mais o que non contaba Lucas era que tamén debería vencer á terrible dona Bixelmina. "A gardería de dona Bixelmina", escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un álbum para primeiros lectores sobre o mundo do circo e das enfermidades contaxiosas que se producen nas primeiras idades. [Presentación editorial]