Puntuación: 2.0/5 (46 votos)
O día do seu aniversario, Marcel invitou a Tristán a merendar na súa casa. -iFelicidades! -dixo Tristán ao ver seu amigo, e deulle un pequeno paquete...
Tristán obsequia o seu amigo Marcel cun anaco de tea sobrante dunhas cortinas. Marcel houbera preferido unha buxaina, pero finalmente acaba agradecendo ese agasallo. Porque logo dun paseo, ámbolos dous danse conta da cantidade de utilidades que pode ter un simple pano: límpanse se se lixan, protéxense do sol se quenta forte, poden atravesar un río que atopan polo camiño, abrigarse cando sopra un vento xeado e escapar dunha pantasma que os quere asustar cando anoitece.
Cada agasallo agocha, baixo o papel acharolado e mailo lazo de seda, unha decepción. A miudo sentímonos decepcionados porque agardamos outra cousa. Porque non se esforzaron abondo en seguir o rastro dos nosos desexos. Marcel non se sinte decepcionado pala humildade do agasallo, porque o seu amigo e mail el pertencen a un mundo no que se valoran os obxectos máis insignificantes. Cartóns, pinzas, chapas, corchos, cordas, un calcetín ou mesmo unha pedra poden converterse nun xoguete marabilloso, unha fascinante caixa de sorpresas.
"Un agasallo diferente" é un ha pequena "reflexión" sobre a decepción, tal e como o enfoca Marta Azcona. Pero, sobre todo, aborda a capacidade innata que teñen os nenos de dar renda solta á súa imaxinación e gozar co que
teñen á man, por simple e trivial que pareza. Porque, para eles, calquier cousa pode agochar un tesouro e converterse nunha fonte de diversión. Nunha boneca rusa que conteña tódolos xoguetes. Tódolos agasallos.
Rosa Osuna aporta interesantes propostas plásticas, coma a presencia dun misterioso personaxe que segue a Tristán e Marcel nas súas peripecias. E a carón deste pecular tándem de amizade, pecha o círculo a mascota da pandilla, un cadelo fiel escudeiro de Tristán. Non menos importante é a mestura de técnicas plásticas: pastel e aplicacións textís, como a tea protagonista da historia.
[Presentación editorial]