Na divertida comedia "Noite de reis", escrita probablemente nos inicios do século XVII, William Shakespeare emprega recursos moi propios da época, coma os disfraces e os malentendidos, coa habilidade do mestre que sabe manexar o azar e o enredo á perfección para lograr engaiolar ao seu público. "A tempestade", que forma parte do mesmo volume, é a derradeira e xenial peza do autor. Intensa e máxica parábola sobre os enigmas da existencia, posúe unha significación que transcende a mesma realidade e é obra dun auténtico e inigualable poeta. [presentación editorial]