A hsitoria de amor que conta "Cabaret Voltaire" -Premio de novela García Barros 2005- atravesa todo o século XX para acabar converténdose nunha crítica aceda da violencia e da guerra. Jaureguizar (Bilbao, 1965), un dos narradores galegos que mellor manexa o rexistro paródico e desmitificador, logra transmitir a tensión dunha época dominada pola barabarie e os abusos de poder. A novela comeza na vila de Ribadeo nos anos trinta e, con senso do humor e axilidade narrativa, continúa no Berlín do nazismo e da guerra fría para rematar na actualidade, nunha Europa convulsa polo conflito de identidades. [Contracapa do libro]