Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades.
A distribución das especies ao longo da obra é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal maneira que cando pasees por unha fraga ou por un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu.
A guía, dirixida tanto a profesionais como a persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas, unha do saber popular, "só se valora e se pode conservar aquilo, que se coñece", e a outra do noso gran fabulador Alvaro Cunqueiro, "... dicir rula e abidueira e dorna e fonte... fanme dono da
rula e da abiduiera e da dorna e da fonte...", para , indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que coñecemos. [Texto de contracapa]